Primeira vitoria de Luis Vilariño no Rali do Cocido

La Voz

DEZA

miguel souto

No 2013 o piloto aproveitaba o abandono de Pedro Brugo para subir ao primeiro posto do caixón, tras varios podios en edicións anteriores

17 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois de subirse ao podio en edicións anteriores, fai seis anos o piloto Luis Vilariño lograba a vitoria no Rali do Cocido organizado pola Escuadra Lalín Deza. Un triunfo ao que contribuíu o abandono de quen ía líder da proba, Pedro Burgo. Nese 2013 o segundo posto conseguíao Iván Ares e Sergio Vallejo acababa terceiro, toda nunha xornada onde houbo un nutrido respaldo de público a pesar das adversas condicións meteorolóxicas, con frío, vento e choiva. A disputa dos distintos tramos discorreu con bastante normalidade a pesar da dureza, cunha única neutralización na segunda pasada por Saborida tras accidentarse un coche.

Ao finalizar o rali, Luis Vilariño asegurou que foi «como gañar en casa», destacando a dureza da carreira e que «chegamos co motor do coche bastante justito, pero conseguimos gañar». Unha edición do 2003 onde o mellor piloto da zona foi o estradense Javier Martínez Carracedo, sexto na xeral.