Desfile de Entroido na Estrada

La Voz

DEZA

rober amado

16 mares 2019 . Actualizado ás 22:56 h.

Desta foi a vencida e o desfile organizado na tarde de onte polas rúas do centro urbano pecharon as celebracións carnavaleras por este ano. Fora aprazado o martes día 5 pola intensa choiva. Un total de nove grupos, con varias das parroquias da zona rural e iniciativas presentadas polas asociacións de pais dos colexios estradenses, protagonizaron cos seus vistosos disfraces ese percorrido. Tamén houbo intervención a cargo do pai Xiao.

No percorrido pola Estrada puidéronse ver disfraces de todo tipo, con participantes de meses a outros moito máis «talluditos» pero todos dispostos a gozar da festa. Non faltaron pitufos vestidos e pintados de azul, ademais do branco, xunto con espectaculares caixas de música, pescadores con capturas en carricoche, arlequines ou toda clase de animais. Non faltou nin imaxinación nin moita pintura de cara nese final do Entroido estradense.