A Central viviu unha forte caída en facturación e reses a poxa

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

MIGUEL SOUTO

27 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Descenso no número de animais a poxa e tamén na facturación definen o ocorrido onte na Central Agropecuaria de Galicia. Ao recinto feiral de Silleda só entraron 829 reses, fronte ás 970 de hai unha semana, comercializándose 760 polas 880 precedentes. En canto ao volume de negocio, baixou en case 55.000 euros, de 383.376 a 328.511 euros.

Por seccións, en becerros de recría atoparon comprador 513 dos 549 poxados, fronte aos 641 e 577 respectivamente do día 19 de febreiro. O prezo medio subiu 9 euros, de 208 a 217, pero a facturación caeu de 120.376 a 111.785 euros. Tamén houbo menos vacas de desvieje, 168 fronte a 2012, vendéndose 156 polas 195 anteriores, aínda que o prezo medio repuntó 14 euros, de 914 a 928, para un total de 144.886 euros na venda global destas reses. Para rematar, comercializáronse 91 dos 112 tenreiros de recría, fronte aos 108 e 117 de hai unha semana. O prezo medio repuntó en 5 euros, ata 789, para unha facturación conxunta de 71.840 euros.

En canto a mesas de prezos, repuntaron a maioría das categorías de porcino cebado así como 1 euro os lechones. Mantivéronse os das galiñas de desvieje e as clases XL e L de ovos, con incremento en M e S.