Montefaro álzase co título na Liga Futsal de Lalín

La Voz

DEZA

Cedida

22 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A vitoria por 12-4 ante APTC do equipo Montefaro na última xornada, á que tamén chegaba con opcións o Fetiche-Habana 75, outorgoulle o título na Primeira División da Liga Futsal de Lalín. O Picoteo-Talos gañou o trofeo á deportividade. A partir da próxima semana comezará a Copa, tanto en Primeira como en Segunda.