O Festival Atlántica chega a Lalín con tres actuacións

DEZA

Cedida

22 feb 2019 . Actualizado ás 21:09 h.

O Festival Atlántica chega de novo a Lalín con tres actuacións que terán lugar a partir do 14 de marzo, Onte presentouse a sétima edición deste encontro de tradición oral que se converteu xa no máis grande da Península Ibérica e que se desenvolve este ano entre o 11 e o 23 de marzo en 16 concellos das catro provincias galegas.

En Lalín a primeira actuación será a de Pep Bruno, con dúas sesións nun horario aínda sen confirmar, o 14 de marzo. O escenario será o Museo Municipal. Unha das sesións está destinada ao público infantil e a outra para adultos. O día 16 de marzo, ás 12.00 horas, tamén no Museo terá lugar un espectáculo para bebés a cargo de Raquel Queizás. Ese mesmo día, ás 21.00 horas, Yoshi Hioki, do Xapón, actuará no Círculo de Recreo para un público adulto. O 17 de marzo, en leste mesmo escenario, ofrecerá outra sesión, neste caso para o público infantil.

No Festival interveñen este ano unha trintena de contadores de historias do Xapón, Portugal e de diferentes puntos de España que realizarán un total de 91 actuacións.