O PSOE arroupa a López Bo

La Voz

DEZA

rober amado

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A executiva do PSOE da Estrada reuniuse a noite do xoves para formalizar a proposta de Luís López Bo como candidato da formación á alcaldía da Estrada en maio. Foi un acto no que arrouparon a López Bo desde o presidente da executiva, o exalcalde José Antonio Doo, á secretaria xeral e actual portavoz, Belén Louzao. Esta tarde, ás 19.30 horas, celébrase asemblea aberta con militantes e simpatizantes para a ratificación da candidatura de Bo, tamén secretario local de Xuventudes Socialistas. foto rober amado