Municipal Lalín Foresta acondicionará dúas hectáreas na Moa

La Voz

DEZA

Cedida

16 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os concelleiros Miguel Medela e José Manuel Fernández visitaron onte os montes da Moa, onde os alumnos do obradoiro de emprego Foresta Lalín, iniciarán os traballos de acondicionamento e repoboación desta zona. Actuarase nunha superficie de dúas hectáreas e plantaranse preto de 200 castiñeiros.