Tributo aos Dezas e José Benito en Cantos de Taberna

DEZA

rober amado

13 feb 2019 . Actualizado ás 20:54 h.

Día 23 de febreiro • Desde as 19.00 horas • Lalín • A cuarta edición dos Cantos de Taberna en Lalín contará con nove agrupacións musicais, rendéndose homenaxe ao grupo Os Dezas de Moneixas e a José Benito. Este último, falecido, foi un dos fundadores do grupo nos anos 20, que tocaron no recibimento ao aviador Joaquín Loriga na súa aterraxe no monte do Toxo en 1927. Foi compositor, con temas como o pasodobre Lalín e unha marcha procesional de San Benito, peza que moito despois gravou Milladoiro.

Os Dezas de Moneixas naceu en 1920 tras xuntar a un grupo de mozos o párroco, Andrés Cajide, ensinándolles cousas elementais de música. Nos primeiros anos con seis compoñentes, comezando a ser recoñecidos por toda Galicia. En 1965 empeza unha nova etapa e en 1995 por exemplo tocaron por primeira vez na Feira do Cocido. Hoxe ten 25 membros.

En Cantos de Taberna participarán as pandereteiras Ponche dá Prata, Varacuncas, Maruxeiras, Feitizo de Pau, Cotovias, Vos do Trece, Fiadeira, Tokaide e Os Dezas. Terá percorrido por nove establecementos hostaleiros.