A Fervenza cumpre os 18 con 336 actividades e 900 participantes durante o 2018

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

cedida

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande cumprirá este ano a maioría de idade cun balance importante ás súas costas. O colectivo suma 366 actividades contabilizadas desde a súa fundación, sen contar o mantemento durante todo o ano das actividades semanais de música.

Durante o 2018, a asociación realizou un total de 21 actividades que conseguiron a participación dunhas novecentas persoas. O Entroido coa Feira Internacional de Turismo de Ouzande (FITOU), o programa Imos Andar, o taller de aproveitamento de plantas medicinais, o espectáculo humorístico do Pai Merino ou a excursión á comarca de Bergantiños foron algunhas delas. Tamén houbo lumeiro, xornada de limpeza dos muíños da parroquia, Foliada de Outono ou Ruta de Nadal. Ademais, durante todo o ano os grupos de música Retrouso e Recanto -nados á calor da asociación- participaron en foliadas por toda Galicia.

Para o ano 2019, o colectivo ten previsto continuar coa renovación da xunta directiva, revisar a metodoloxía de traballo e facer unha planificación máis realista de actividades e manter e dinamizar a Ruta dá Fervenza e continuar coa recuperación do Muíño do Rubio . Tamén se potenciarán as clases de música e baile e os grupos que xorden delas e deseñarase unha nova actuación musical.