O Estradense gana ao Velle e está en posto de ascenso

DEZA

miguel souto

Os rojillos golearon 3-0 nun partido onde tiveron o dominio do xogo

20 ene 2019 . Actualizado ás 20:10 h.

O Estradense durmiu onte en postos de ascenso directo tras a súa cómoda vitoria por 3-0 ante o Velle. Os rojillos dominaron o xogo na primeira metade, adiantándose xa no minuto 6 tras rexeitar Rodri un disparo de Iago Neira, caendo o balón aos pés de Borja que só tivo que empurrar a gol. Antes Felipe puxera en aprietos a Coke, que despexou a córner o seu lanzamento desde o bordo da área.

Jorge puido subir o 2-0 nunha volea antes de conseguilo no 32, tras aproveitar un rexeite do porteiro visitante a disparo de Borja. Antes do descanso asinou outra ocasión do mesmo xeito que Iago Neira. Os ourensáns introduciron tres cambios ao descanso en busca de recortar diferenzas, pero apenas gozaron de ningunha ocasión clara. Iso si, o Estradense baixou o pistón e estivo menos acertado no pase. A pesar diso Martín puido marcar no 49.

Non sería ata o 77 cando os rojillos sentenciaban co tanto de Juanito, de disparo ao bordo da área. Ese tanto ánimo aos estradenses ante un rival xa entregado, con dúas ocasións máis de Brais Calvo e Jorge desbaratadas por Rodri.