A Estrada abre unha oficina para reclamar polo IBI

La Voz

DEZA

Non dispoñible

2004

20 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Corría o ano 2004 e as reclamacións polo IBI seguían sendo noticia na Estrada, Un día como hoxe, fai quince anos dabamos conta nestas páxinas da apertura dunha oficina de reclamacións que se situaba na planta baixa do Concello estradense. No seu primeiro día de funcionamento foron tres os veciños que acudiron a estas instalacións. O Concello abriu a oficina para atender as reclamacións por erros, nalgúns caso, e sobrevaloracións catastrais, noutras. No caso dos tres veciños que estrearon este servizo, tiveron que regresar ao día seguinte cos recibos do IBI e outros documentos necesarios. Unha vez presentadas, as reclamacións, eran examinadas por unha comisión que determinaría as que se axustan verdadeiramente a valores moito máis altos que os reais. No caso de que estes erros se concentren en zonas, o Concello pediría solucións a Catastro, e mesmo, se fose necesaria, unha corrección parcial no relatorio de valores,