Xuntanza de Forxadores

La Voz

DEZA

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Piloño (Cruces)

Xuntanza de Forxadores

A Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño celebrará o día 15, a partir e as 18.00 horas, a Xuntanza de Forxadores. Haberá presentación do libro sobre a Xuntanza Internacional de Artes Plásticas, ademais de presentarse a memoria de actividades do ano. Actuará o grupo Vai Nela Salgueiros e sortearase entre os asistentes unha comida ou cea no Mesón O Pote, cun ágape final.

Rodeiro

Taller de sexualidade

Hoxe, ás 17.00 horas, terá lugar no centro cultural Manuel Lamazares de Rodeiro un taller sobre sexualidade dirixido a pais e titores. Nel informarase e daranse pautas aos asistentes de como abordar o tema da sexualidade cos seus fillos. Será impartido por profesionais do centro Quérote +.