O Agolada caeu pola mínima (1-2) ante o Arzúa

La Voz

DEZA

miguel souto

15 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Agolada perdeu pola mínima ante o Arzúa nun partido onde os goles se marcaron antes do descanso. Adiantáronse os locais, pouco despois da lesión de Mourazos nun xeonllo que parou uns minutos o xogo en espera da chegada dunha ambulancia. Pero os visitantes lograron dous tantos e a vitoria, sen que houbese case ocasións na segunda metade.