Sancho Gracia busca escenarios para «Fuxidos»

La Voz

DEZA

Ramón Leiro

1991

13 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 27 anos por estas datas, o actor Sancho Gracia , cuxa imaxe seguía aínda asociada á popular serie de televisión Curro Jiménez, buscada escenarios pola provincia de Pontevedra para Fuxidos, a súa primeira película como director, unha historia de maquis e gardas civís durante a guerra civil coas terras O Deza e O Condado como fondo paisaxístico tinguido de wolframio.

Gracia pasou pola Deputación de Pontevedra para ver que axudas podía obter para a rodaxe do filme e obtivo unha resposta positiva do entón responsable de Cultura do organismo provincial, que non pasaba polo seu mellor momento financeiro. Serían cinco ou seis millóns de pesetas que se destinarían a pagar aloxamentos do equipo de rodaxe. Suponse que a Deputación cumpriu ou non o seu compromiso porque a película se empezou a rodar ao ano seguinte e estreouse en 1993, cos actores Tito Valverde Sara Mora , Uxía Blanco , Javier Bardem, Francis Lorenzo, Fernando Vivanco e o propio Sancho Gracia na repartición.