Botos fixou data para o seu magosto de castañas ecolóxicas

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

16 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O magosto de castañas ecolóxicas de Deza que se organiza en Botos acada a súa sexta edición. Xa se fixou data pola comisión organizadora. Terá lugar o día 20 de outubro cun menú cea a base de empanada, torresmos, churrasco, pan, viño, café e sobremesa. Comezará ás 22.00 horas e o prezo é de 15 euros para adultos, 10 para nenos de 6 a 12 anos e gratis por baixo dos 5. O 15 de outubro pecharase a retirada de invitacións. Tocarán orquestra Cinema e Furacán, con degustación gratuíta de castañas.