Máis de 2.500 festeiros en Couso

La Voz

DEZA

cedida

16 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A vixésimo terceira edición do festival As Nosas Músicas foi un tremendo éxito, superando as 2.500 persoas sobre a media noite, segundo a organización, que quixo destacar que, non fan falta orquestras de gran caché para organizar unha boa festa. Os asistentes puideron gozar do programa de actuacións nocturnas composto por Tanxugueiras, Os Viqueiras, Fiandola, Faíscas dá Pontragha e Artmonium.