Virxilio Viéitez cobra vida en Soutelo

La Voz

DEZA

rober amado

15 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

As fotografías de Virxilio Viéitez tomaron onte as rúas da súa Soutelo natal con motivo da rodaxe dunha película sobre a traxectoria do xenial artista. Coincidindo co décimo aniversario da súa morte, Soutelo acollerá ademais este domingo unha homenaxe que se celebrará a partir das 12.00 na contorna do auditorio soutelano.