Renace o observatorio de Ramón María Aller en Lalín

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

O novo telescopio contaba cun peso superior aos 350 quilos, instalándose unha cúpula que aproveitaba elementos da orixinal propiedade do astrónomo lalinense

29 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Operarios da empresa Microciencia, xunto a José Anxo Docobo e Pedro Pablo Campo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), instalaban fai agora oito anos un telescopio astronómico que revivía o observatorio do museo Ramón María Aller de Lalín. Trátase dun instrumento tipo Ritchey-Chrétien de vinte polgadas de diámetro con automatización de enfoque e montura ecuatorial alemá que aínda segue funcionando. Sobre ese telescopio, cun peso superior aos 350 quilos, colocouse unha cúpula de 3,20 metros de diámetro.

O proxecto incluíu a recuperación e o aproveitamento das madeiras orixinais da vella cúpula do observatorio do astrónomo lalinense. Iso si, cuberta cunha capa de fibra de vidro, unha pel coa tecnoloxía do século XXI. Ademais colocáronse outros elementos exteriores recuperados da antiga. Neste observatorio organízanse de forma periódica visitas didácticas e observacións, por exemplo a través do programa Todocosmos.