A dezana Verónica Mon disputará o seu primeiro Ironman en Vitoria

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Toño Seijas

08 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A deportista dezana Verónica Mon asumirá hoxe un novo reto na súa carreira coa disputa do seu primeiro Ironman en Vitoria. Unha competición considerada das máis prestixiosas do calendario nacional que leva preparando desde outubro. O principal obxectivo de Verónica Mon pasa por concluír a proba, tras superar os 3,8 quilómetros a nado, 180 en bicicleta e a maratón de 42 a pé.

Para Verónica Mon trátase de toda unha incógnita ver como asume o seu corpo este reto, xa que non se pode adestrar todo un Ironman completo. Realizou moitas transicións, de nado a bici ou de bici a carreira a pé, acumulando quilómetros nas súas pernas pero sen obsesionarse nin con marcas nin coas distancias. A deportista dezana conta xa coa experiencia de ter completado catro maratóns, ademais da disputa doutros tríatlons, aínda que foron de media distancia.