Santa Apolonia prepara un percorrido polo Camiño Francés o día 8

La Voz

DEZA

03 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Veciñal Santa Apolonia de Guimarei programa para o día 8 a súa excursión de verán, que neste caso será o percorrido polo Camiño Francés desde O Cebreiro. A saída terá lugar ás 8.00 horas desde a igrexa de Guimarei, con visitas en Lugo, O Cebreiro, Triacastela, Samos e Portomarín. O prezo coa comida é de 25 euros e os interesados deben anotarse antes do día 5 nos teléfonos 649 766 064 e 628 900527.