Patrocinado por Patrocinadopor

Limpeza de primavera no río de Castelo Ulla-Deza de pesca

La Voz

PESCA E MARISQUEO

Cedida

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O domingo, os socios da agrupación de pesca Castelo Ulla-Deza realizaron tamén a súa habitual acción de limpeza nos tramos dos ríos Ulla e Deza onde desenvolven a práctica deportiva da pesca. Unha iniciativa que repiten cada primavera.

Unha vintena de persoas, maiores e pequenos, colaboraron nesta iniciativa, que conseguiu sacar do río, un ano máis, de numerosos residuos. Aos plásticos e latas sumáronse todo tipo de obxectos., algúns tan insólitos como distintas pezas dun baño, que deberían ter acabado no Punto Limpo e que foron tirados á canle do río.

Tras o traballo da xornada, os participantes celebraron, como adoita ser habitual, unha comida de confraternidade para repor forzas.