Romaría de San Marcos en Lamela

La Voz

DEZA

miguel souto

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Na parroquia silledense celebrouse este domingo a oitava Romaría Enxebre Gastronómica de San Marcos, que contou co presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, José Carro, como pregoeiro. Na capela de Lamela houbo misa cantada por Sen Son Ghaiteiros, que tamén ofreceu despois un concerto. Non faltou a comida de confraternidade, seguida do pregón e a ruada que puxo colofón á concorrida xornada festiva.