A vitoria máis buscada

Pablo Abuín

DEPORTES

XOAN A. ADOITAR

25 mares 2023 . Actualizado ás 22:55 h.

Levaba moito tempo o Río Breogán buscando unha vitoria no feudo santiagués. No 2019 fun testemuña en primeira liña dun partido cun final tremendamente igualado, como leste. O chisco de xeito que faltou naquela ocasión, apareceu esta vez para achegar unha vitoria de mérito e prestixio. A primeira parte foi para o conxunto santiagués. A súa liña exterior, dirixida por Robertson, xogaba moi solta e o Breo parecía ir un punto por detrás en defensa para apertar ao escolta estadounidense e chegar aos tiros liberados.

Á volta dos vestiarios o conxunto celeste subiu unha marcha defensiva. Especialmente decisivos os minutos da parella de bases en pista, Hollatz e García, que afogaron o ataque do Obradoiro e controlaron o partido en ataque. A fluidez ofensiva neses momentos, con accións de penetración para sacar o balón fóra, ou de balóns interiores a Happ para liberar tiros, foron completadas cun gran acerto. A pesar da boa reacción, chegabamos a un final igualado con incerteza para os lucenses, onde dous roubos do base alemán Justus Hollatz, culminados con senllos contraataques, daban paso ao gran triunfo, que homenaxeou a toda a marea celeste desprazada ao Fontes do Sar. Triunfo moi buscado durante anos e xa que logo, ben merecido.