A liceísta María de Valdés irá ao Mundial de natación de Abu Dabi

La Voz A Coruña

DEPORTES

MARCOS MÍGUEZ

A malagueña, fincada na Coruña, participará nas probas de 400 e 800 metros libre

01 dic 2021 . Actualizado ás 17:05 h.

A área de natación e augas abertas da Real Federación Española de Natación (RFEN) deu a coñecer a convocatoria do equipo nacional absoluto para o Campionato do Mundo en piscina curta (25 metros), que se celebrará no Etinad Area de Abu Dabi (EAU) do 16 ao 21 de decembro. Na citación atópase a nadadora malagueña, pero fincada na Coruña, María de Valdés (CN Liceo). De Valdés, de 25 anos, está inscrita para participar o venres 17 na proba de 800 libre e o domingo 19 na de 400.

Completan a convocatoria: Catalina Corró (CN Sabadell), Jimena Pérez (CN Barcelona), Jessica Vall (CN Sant Andreu), Hugo González (Madrid NC) e Nico García (CD Gredos San Diego). Ademais en augas abertas, participará o 16 de decembro no FINA Marathon Swim World Series Abu Dhabi, na distancia de 10 quilómetros, Alberto Martínez (CN Marina Cartaxena).