Unha recepción olímpica en Noia para o regatista Caetano Horta

DEPORTES

Explicou a  os asistentes ao acto no Concello címo foi a súa experiencia nos xogos

01 ago 2021 . Actualizado ás 20:37 h.

Ata o aeroporto de Santiago desprazouse unha delegación noiesa integrada por membros do club de remo e pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, para recibir a Caetano Horta, que regresaba da súa participación en Tokio cun diploma olímpico.

Posteriormente protagonizou un acto oficial na casa consistorial que tivo que alterarse debido á persistente choiva. O mandatario, Santiago Freire, felicitouno polo logro conseguido. Tamén interveu do deportista, que respondendo as preguntas do seu pai, Antón Horta, explicou como foi a súa experiencia na vila olímpica e a dificultade do campo de regatas. Integrantes do club cos remos no alto flanqueáronlle a entrada á casa consistorial. O acto congregou a numerosas persoas a pesar da persistente choiva.