O rali Rías Baixas, nova proba da Copa de España de asfalto

La Voz VIGO / EFE

DEPORTES

XOAN CARLOS GIL

Únese, así, aos de Narón, Cocido e Botafumeiro

20 ene 2021 . Actualizado ás 14:28 h.

O rali Rías Baixas, que se disputará os días 29 e 30 de maio, converteuse nunha nova proba da Copa de España de asfalto. Así o comunicou a organización este mércores.

Tras dous anos sendo proba puntuable unicamente para o campionato autonómico, a cita volverá ao calendario nacional enmarcada no novo certame que xorde da reordenación de campionatos que está acometendo a Federación Española de Automobilismo.

O ente federativo recupera unha Copa que estivo vixente no automobilismo nacional entre finais dos anos 80 e principios dos 90, e da que xa formou parte no seu momento a cita viguesa.

O rali Rías Baixas unirase, así, aos de Narón, Cocido e Botafumeiro en Galicia, sumándose tamén a este certame outras citas coñecidas Sierra Morena, Princesa de Asturias, Llanes e A Nucia