Así quedaron as inscricións  para xogar ao fútbol federado en Galicia

Iván Antelo REDACCIÓN

DEPORTES

Imagen del derbi de Preferente entre el Sofán y el Laracha la temporada pasada
Imaxe do derbi de Preferente entre o Sofán e o Laracha a tempada pasada BASILIO BELLO

Destacan as ausencias de cinco equipos de Preferente

01 ene 2021 . Actualizado ás 16:37 h.

A Real Federación Galega de Fútbol puxo fin onte 31 de decembro, ás 18 horas, o período de inscrición para disputar desde finais de xaneiro as principais categorías do fútbol autonómico.

En Preferente Galicia, os 23 equipos do grupo norte formalizaron a súa presenza; mentres que no sur hai 5 que prefiren non xogar (Céltiga, Sanxenxo, Portonovo, Moaña e Sporting Guardés). A idea da federación era que no norte houbese tres subgrupos (Os 7 equipos de Lugo nun, os 8 de Barbanza e Santiago noutro e os 8 de Ferrol, A Coruña e a Costa da Morte no restante). Máis problemas hai agora no sur, xa que quedan inscritos 6 conxuntos de Ourense e 12 da provincia de Pontevedra, polo que a federación deberá estudar agora un novo formato de competición.

No que respecta ás ligas autonómicas de fútbol base, apenas dous equipos decidiron renunciar. En Liga Galega xuvenil falta 1 dos 41 con dereitos (o Marcón). Tanta División de Honra cadete como os dous grupos de Liga Galega infantil completaron a súa inscrición.

En canto ao fútbol feminino, rozouse o pleno en Primeira División. Apuntáronse o O Val, Victoria CF B, Betanzos, Antas, Friol B, Villestro, Victoria FC B, Orzán, Lugo, Sárdoma B, Alertanavia, Valladares B, Tomiño, Arcadia, Xuventude Aguiño, Atlántida Matamá, Boiro e Faísca; e só falta o Tordoia.

No resto de categorías, como Primeira Galicia ou a Preferente de fútbol sala, o volume de inscrición foi inferior e a federación terá que valorar nos próximos días que sucederá con esas ligas. Por exemplo, en Primeira Galicia de fútbol, só se apuntaron 42 dos 101 equipos con dereito deportivo, con grupos con moitos máis equipos que outros (os equipos das delegacións da Coruña, Ferrol e Vigo anotáronse máis que os doutras)/doutras).

EQUIPOS INSCRITOS

PREFERENTE NORTE

Galicia Mugardos, Atlético C. Montañeiros, ,Victoria , ,Atlético Arteixo, ,Betanzos, Laracha, Sofán, San Tirso, Xallas, Sigüeiro, Dubra, O Pino, Boimorto, Noia, Boiro, Puebla , Foz, Ribadeo, Santaballés, Residencia, Sarriá, Atlético Escairón e Lemos

PREFERENTE SUR

Umia, Cambados, Villalonga, Beluso, Pontevedra B, Gran Pena, Valladares, Porriño Industrial, ,SD Xuvenil, Cultural Areas, Mondariz, Caselas, Velle, Nogueira de Ramuín, Barbadás, Polígono, Atlético Arnoia e Verín

PRIMEIRA GALICIA FEMININA

O Val, Victoria CF B, Betanzos, Antas, Friol B, Villestro, Victoria FC B, Orzán, Lugo, Sárdoma B, Alertanavia, Valladares B, Tomiño, Arcadia, Xuventude Aguiño, Atlántida Matamá, Boiro e Faísca

LUGA GALEGA XUVENIL NORTE

Victoria CF B, Ural B, Calasanz B, Orillamar, Bergantiños, Boiro, Dumbría, Estrada, Xuventude Oroso, Conxo Santiago B, Galicia Caranza, Racing de Ferrol B, As Pontes, Eume, Residencia, Viveiro, Racing Vilalbés B, Polvoreira, San Tirso e Olímpico de Rutis.

LIGA GALEGA XUVENIL SUR

Colexio Fogar, Alertanavia, Alondras B, Moaña, Salgueiriños, Monteporreiro, CD Lérez, AJ Lérez, Portonovo, Ribadumia, Rápido de Bouzas B, Comesaña, Santa Mariño, Atios, Gondomar FB, Toñiño, Calasancio, Barbadás, Arenteiro e Pavillón Ourense B.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

Deportivo, San Tirso, Ural, Victoria , Calasanz, Montañeiros, Bergantiños, Xuventude Oroso, Bertamiráns, Lugo, Racing de Ferrol, Celta , Val Miñor, Santa Mariña, Rápido de Bouzas, Coruxo, Arousa, Pontevedra, AJ Lérez, Pavillón Ourense, Conxo Santiago e Compostela.

LIGA GALEGA CADETE NORTE

Imperator, Ural B, Calasanz B, Dumbría, Boiro, Bergantiños B, Xallas, Estrada, Amio, Conxo Santiago B, Galicia Caranza, Racing Ferrol B, Narón, Milagrosa, Racing Vilalbés, Viveiro, Lugo B, Ribadeo, Deportivo B e San Tirso B.

LIGA GALEGA CADETE SUR

Pavillón Ourense B, Ourense CF, UD Ourense, Velle, Calasancio, Verín, Val Miñor B, Pereiro, Valladares, Porriño, Celta B, Colexio Fogar, Areosa, Choco, Alondras, Salgueiriños, Figueirido, Portonovo, Ribadumia e Arousa.

LIGA GALEGA INFANTIL NORTE

Bertamiráns, Xuventude Oroso, Conxo Santiago, Victoria FC, Villestro, Calasanz, Ural, Victoria , EF Lalín, Dumbría, Cidade de Ribeira, Narón O Freixo, Racing de Ferrol, Galicia Caranza, O Val, Viveiro, Lugo, Residencia, Bergantiños, Deportivo, San Tirso e Montañeiros.

LIGA GALEGA INFANTIL SUR

Celta , Areosa, Choco, Pontevedra, Arousa SC, Porteiro 2000, AJ Lérez, Cambados, ED Arousa, Salgueiriños, Atlético Cuntis, Moaña, Ourense CF, Pavillón Ouremse, UD Ourense, Verín, Pavillón Promesas, ED Ourense, Santa Mariña, Porriño, Atios, Colexio Fogar e Val Miñor.