O Breogán-TAU Castelló atrásase para evitar a coincidencia co Lugo

I.M.B.

DEPORTES

Óscar Cela

O partido disputarase o sábado ás 20.00 horas no Pazo

15 ene 2020 . Actualizado ás 13:07 h.

O encontro entre o Leite Río Breogán e o TAU Castelló comezará con 45 minutos de atraso sobre o horario previsto. Arrincará ás oito da tarde no Pazo Universitario, despois de que o equipo visitante e a Federación Española de Baloncesto (FEB) teñan dado o visto e prace á petición do equipo lucense para evitar a coincidencia co partido do Club Deportivo Lugo, que xoga ás 18.15 horas no Anxo Carro ante o Albacete. O do sábado será o primeiro partido da segunda volta para un Breogán obrigado a lavar a imaxe ofrecida a pasada fin de semana ante o modesto Afanion Almansa.