A coitelada de Casillas tras o cambio no banco da selección

La Voz

DEPORTES

MURAD SEZER | REUTERS

O gardameta do O Porto, excapitán de España, pronúnciase tras a saída de Robert Moreno

19 novs 2019 . Actualizado ás 19:36 h.

Tras a vitoria de España sobre Romanía por 5-0, e de coñecerse a saída de Robert Moreno da selección española, para ser relevado por Luis Enrique, Iker Casillas escribiu un comentario en conta de twitter no que expresa a súa impresión sobre os convulsos acontecementos que volven rodear ao federación que preside Luis Rubiales: «Somos un país de chirigota... ¡Que viva España!»

Robert Moreno dirigío ante Romanía o seu último partido como seleccionador, tras facerse cargo do combinado nacional tras renunciar Luis Enrique por motivos persoais. Nos seus oito partidos a cargo de España cultivou seis vitorias e dous empates. O asturiano regresa ao cargo que ocupou entre xullo do 2018 e xuño do 2019. Robert Moreno falou cos xogadores no vestiario despois do partido para  comunicarlles o cambio que haberá no banco.