Os branquivermellos un a un

X. R.Penoucos LUGO .

DEPORTES

Carlos Castro

24 ago 2019 . Actualizado ás 20:37 h.

Varo 8

Soberbio en accións nas que o Oviedo puido sentenciar

Campabadal 8

Un quebradizo de cabeza para os oviedistas que xogaron do seu lado e ben atrás

José Carlos 6

Correcto no cruzamento, pero dubidou nalgunhas accións para sacar o balón

Pita 6

Similar ao seu compañeiro do centro da zaga. Fáltalles algo de compenetración

Canella 3

Un veterano como el non pode autoexpulsarse nunha acción infantil

Seoane 8

Soubo dar ao partido o ritmo que precisou en cada momento

G. Valentín 5

Correcto sen máis, Eloy fixo ben en sentarlle por medo a que puidese ser expulsado nun ano no que poucos partidos van rematar sen cartóns vermellos

Tete 6

Foi de máis a menos. Comezou imperial para diluírse aos poucos

Jaume Grau 5

Demasiado pausado nun partido que necesitaba electricidade

C. Herrera 9

É un valor seguro, partido moi completo ao que puxo a guinda do gol

Manu Barreiro 7

Non era un partido no que puidese lucirse, pero cumpriu dabondo

Lebedenko 8

Díxolle con claridade a Eloy que está aí pedindo paso

Álex López 8

O equipo foi outro completamente distinto desde que pisou o campo. A estrea soñada para calquera recentemente chegado a un equipo

Carlos Castro 5

Intentouno desde que entrou no terreo de xogo, pero apenas dispuxo de opcións para desbordar