Accidente na Volta a España: «¡Pero por Deus, que barbaridade!»

La Voz

DEPORTES

O coche do equipo Euskadi Murias deu o susto na xornada inaugural da proba

24 ago 2019 . Actualizado ás 20:03 h.

A primeira xornada da Volta a España comezou cun tremendo susto. Durante a contrarreloxo inaugural da carreira, o coche do equipo Euskadi Murias estampouse contra unha casa durante unha curva cando circulaba detrás do pelotón polo centro de Torrevieja.

O coche do equipo chegou á curva a demasiada velocidade e non puido evitar o impacto. A pesar do violento do choque non se tiveron que lamentar feridos.