Paro, paso e corro

Queco Piña

DEPORTES

Marcos Míguez

06 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Todo o mundo fala de que Juan Antonio Anquela é moi impulsivo e visceral, ou que é un dos últimos da vella escola de adestradores, pero para min o seu principal característica é como soubo adaptarse aos tempos modernos. Logo, é un técnico que chega e sabe chegar ao xogador. Manexa de marabilla os grupos de traballo. Leva moitos anos en Segunda e ata puido pisar un pouquiño Primeira División, pero todo grazas ao seu traballo. Ninguén lle regalou nada. En Huesca, onde coincidimos, sentou as bases do ascenso que á tempada seguinte logrou Rubí.

Está claro que son formulacións distintas, pero sin duda este aproveitouse do selo que Anquela imprime. Cal é? Non hai un estilo marcado, senón que se adapta aos xogadores de que dispón. En Oviedo inclinouse por xogar con tres centrais, cando en Huesca non lle lembro ningunha ocasión en que utilizase este tipo de defensa. Está claro que o que máis lle gusta é a intensidade, o traballo no campo e fisicamente os seus equipos están moi ben preparados. Neste sentido, sorprendeume moito Marcos Marcén, ao que non coñecía, pero é novo e moi bo na preparación. Hai quen comparan a Anquela cun Cholo Simeone de Segunda e non me parece moi desacertado pola importancia na intensidade e non dar un balón por perdido. Non pon demasiada importancia en como chega o balón ao campo contrario, non quere complicacións atrás, pero en ataque hai que asociarse ben e non dar o balón nunca por perdido.

Fai unha buenísima lectura dos partidos. Recordo que no descanso sempre nos daba as indicacións adecuadas e os cambios eran para mellorar. Nótase a bagaxe de tantos partidos na elite. Contaxia a súa forma de ver o fútbol. Paro, paso e corro era o lema que sempre nos repetía para falar do estilo. Dicíanolo para que os compañeiros corresen ao espazo. Sempre propicia que haxa unha boa simbiose entre xogador e adestrador. É capaz de transmitir como o Cholo. Que os xogadores lean o partido correctamente. É un técnico que vive moito os partidos e está sempre metido e iso fai que o vivas moito máis. É adestrador idóneo para facer un moi bo vestiario e un grupo implicado ao máximo. A partir de aí, todo o demais.