Barça-Tenerife, primeira semifinal da Copa do Rey

La Voz

DEPORTES

Juan Carlos Hidalgo | EFE

Os cataláns cárganse ao Valencia e os tinerfeños prolongan a maldición de Unicaja na Copa do Rey

14 feb 2019 . Actualizado ás 23:38 h.

O Barcelona e o Tenerife veranse as caras mañá, a partir das sete da tarde na primeira semifinal da Copa do Rey de baloncesto, que se disputa desde onte en Madrid.

O conxunto azulgrana chega esta rolda despois de ter sufrido onte máis do agardado para derrotar ao Valencia (86-79), mentres que os canarios confirmaron a maldición de Unicaja nesta competición impóndose por 88-78.

O Barcelona conseguiu a vitoria nun partido no que os levantinos dominaron durante 30 minutos e tiveron opcións durante 37. Thomas Heurtel foi o gran motor do seu equipo, e tamén foi o seu mellor anotador, contando coa axuda de Chris Singleton e Pau Rivas, ademais dun máis que notable Ante Tomic.

O Valencia dominou con certa claridade o primeiro cuarto, a pesar de contar cun Bojan Dubljevic máis fallón do habitual. A súa boa defensa e o acerto de Will Thomas e Sam Van Rossom dobregaron a un Barcelona no que sólo Ante Tomic pareceu dar a cara en ataque.

Aos cinco minutos finais chegouse con empate a 69, con Barça e Valencia dispostos a defender as súas opcións. A tres minutos para o final un tiple de Adam Hanga deu ao campión unha vantaxe considerable, 76-73, e na seguinte xogada un mate de Tomic, 78-73, foi o principio do fin para os taronjas.

Na outra semifinal, houbo menos igualdade xa que o Unicaja volveu facer un partido gris nesta gafada competición e a penas puxeron en apertos a un Tenerife moi sólido en defensa.