Marc Gasol estréase en Toronto con ovación e vitoria

a voz

DEPORTES

WARREN TODA | EFE

A inchada dedicou un gran recibimento a Gasol, que o agradeceu anotando 11 puntos no último cuarto do apertado duelo ante Brooklyn

12 feb 2019 . Actualizado ás 14:50 h.

O pivote español Marc Gasol estreouse como local en Toronto cunha gran ovación da afección canadense e contribuíndo con 16 puntos á vitoria dos Raptors ante Brooklyn Nets (127-125), mentres que Serge Ibaka tamén foi un factor importante cun novo 'dobre-dobre' (18 puntos, 12 rebotes). A inchada de Toronto dedicou un gran recibimento a Gasol, que o agradeceu anotando 11 puntos no último cuarto do apertado duelo ante Brooklyn. O exjugador dos Grizzlies foi suplente e xogou 22 minutos nos que tamén capturou 6 rebotes.

Gasol alternouse na posición de '5' co seu compañeiro de selección Ibaka, que segue a un gran nivel e que foi o segundo máximo anotador dos locais por detrás de Kawhi Leonard (30), convertido unha noite máis no artífice da vitoria canadense. Co marcador empatado a falta de catro segundos, o aleiro anotou un tiro de media distancia que deixou o triunfo en casa.

D'Angelo Russell, o mellor dos visitantes con 28 puntos e 14 asistencias, dispuxo dun triplo sobre a bucina para que gañasen os Nets, pero foi ben defendido por Danny Green e o seu lanzamento algo forzado estrelouse co aro. Deste xeito, os Raptors sumaron con suspense a súa quinta vitoria consecutiva e elevaron o seu balance da tempada a 42-16, a dous triunfos dos Bucks de Nikola Mirotic (42-14), que gañaron a Chicago Bulls (99-112) sen participación do hispano-montenegrino.

Estatísticas dos xogadores españois: 

Serge Ibaka 18 puntos, 12 rebotes, 2 tapóns, 1 roubo e 1 asistencia.

Marc Gasol: 16 puntos, 6 rebotes, 2 asistencias, 1 roubo e 1 tapón.