O galego Félix Criado encara o K2

P. Carballo, P. Gómez LA VOZ

DEPORTES

CEDIDO

Forma parte da expedición, xunto ao biscaíño Alex Txikon, que quere conquistar o cume do único ochomil que ninguén logrou coroar no inverno

09 mares 2019 . Actualizado ás 17:24 h.

O escalador coruñés Félix Criado xa se atopa, xunto ao resto da expedición da que forma parte o biscaíño Alex Txikon, aos pés do K2, o único ochomil que ninguén logrou ascender no inverno. Os alpinistas xa celebraron a cerimonia budista dos sherpas (con moi mal tempo) e en canto melloren as condicións meteorolóxicas, comezarán a ascender a montaña imposible.

O K2 é a segunda cima máis alta do planeta con 8.611 metros. Os catro intentos previos de facer cume no inverno fracasaron. O campamento basee está a uns 5.000 metros de altitude. Dormen en iglús en lugar de tendas, para que resistan mellor o clima. O último campo está a uns 8.000 metros. De aí, ao ceo.