Máis de catro mil persoas, o domingo na Coruña 10

La Voz A Coruña

DEPORTES

ANGEL MANSO

A proba absoluta arrincará ás dez da mañá do Paseo da Habana

02 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A carreira Coruña 10, a raíña das populares na comarca, reunirá este domingo a máis de catro mil persoas (hai 4.183 inscritos). A proba absoluta arrincará ás dez da mañá do Paseo da Habana e desenvolverase polo circuíto habitual de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

Os participantes percorrerán o Paseo de Ronda , Manuel Murguía, San Roque de Fóra e a avenida Gerardo Porto ata o Millennium, onde o grupo dará a volta para continuar cara ás avenidas Buenos Aires e Pedro Barrié da Maza, a través das cales avanzarán ata chegar á rotonda situada ao pé da Torre de Hércules. Neste punto, os participantes regresarán polo Paseo Marítimo para chegar á meta, situada á altura do Palacio de Deportes de Riazor. Tamén participarán atletas en cadeira de rodas homologada.