Luis Moya xa está na súa casa tras ser operado de tres aneurismas

La Voz

DEPORTES

MANUEL MARRAS

O excopiloto colgou unha mensaxe nas súas redes sociais agradecendo as mostras de apoio recibido

20 sep 2018 . Actualizado ás 20:04 h.

Os médicos anticipáronlle que se todo saía ben podería estar no seu domicilio a fin de semana pero nin sequera tivo que agardar ata entón. Este xoves, Luis Moya xa enviou unha mensaxe desde a súa casa agradecendo os moitos apoios que recibiu cando comunicou, tamén a través das súas plataformas dixitais, que debía ser operado de tres aneurismas que lle foron atopados polos médicos nunha revisión rutineira tras a súa anterior operación.

Moya foi operado o pasado martes e tas máis de catro horas de operación, o excampión do mundo de ralis salgou do quirófano para comezar a súa recuperación. A pesar do complicado da cirurxía, todo saíu ben e Moya puido recibir a alta antes do previsto. 

«Non podía estar en mellores mans. Toda a miña vida estarei agradecido ao doutor Anxo Martínez Muñiz pola operación e por desprazarse da Coruña ata Barcelona e ao doutor Juan Macho e a todo o seu equipo. Un trato magnífico o que recibín no hospital clínico de Barcelona», sentenciou o piloto que xa se recupera na súa casa.