Sainz substituirá a Fernando Alonso en McLaren

Europa Press MADRID

DEPORTES

Fernando Alonso y Carlos Sainz
Fernando Alonso e Carlos Sainz

O piloto español abandonará Renault para ocupar a vacante do asturiano

16 ago 2018 . Actualizado ás 14:45 h.

O equipo McLaren anunciou este xoves a fichaxe para a próxima tempada do piloto español Carlos Sainz, que abandonará Renault para ocupar a vacante deixada polo seu compatriota Fernando Alonso.

Sainz, de 23 anos, asinou un «contrato multianual» con McLaren, segundo avanzou o equipo inglés nun comunicado. «Moi contento e orgulloso de poder anunciar que serei piloto de McLaren a tempada que vén. ¡Correr para un equipo tan mítico e especial da F1 é un soño feito realidade!», alegrouse o piloto a través das redes sociais.