Galicia sobe ao podio no Burgo

PATRI CAMPOS, I. A.

DEPORTES

Alina Espiño

Os coruñeses Irene Martínez e Martín Liste triunfaron no Campionato de España que se celebrou en Culleredo, coa presenza tamén de Lydia Valentín

21 jul 2018 . Actualizado ás 22:43 h.

O Burgo acolleu este sábado o Campionato Absoluto de España de Halterofilia , tanto en categoría masculina como feminina. A competición non pasou desapercibida polos deportistas galegos, entre os seus participantes atopábanse un total de catro partipantes.

A medalla de bronce no campionato de Europa, Irene Martínez, na categoría de 63 quilos de peso corporal, acadou a medalla de prata en arracanda con 84 quilos. Algo sorprendente na galega xa que destaca nesta modalidade. En dobre tempo, levou o ouro levantando 104, o cal lle fixo acadar así un total de 188 quilos.

Noelia García, medallista europa do equipo nacional, subiu tres veces ao podio pola medalla de prata. En arrancada, levantou 72 quilos de peso corporal e en dous tempos, 84 quilos. Non só as deportistas galegas subiron ao podio. Na representación galega masculina participaban Victor Castro, medallista europeo, en categoría 69 quilos de peso corporal e, Martin Liste, que disputou o mundial universitario e ademais é campión de España, en categoría 94 quilos. Martín proclamouse triplo campión na súa categoría e Victor acadou tres pratas.

Pero, a gran atracción do campionato era a berciana, Lydia Valentín. Esta era a última competición nacioal antes do campionato do Mundo que se celebrará en Asjabad (Turkmenistán), entre o 1 e o 10 de novembro, ao que Lydia volverá como líder da selección española. A campioa olímpica en Londres , así como campioa do mundo e de Europa conseguiu tres ouros en Culleredo , levantando en arrancada 105 quilos de peso corporal e en dobre tempo, 125.

A próxima gran cita serán os campionatos de Europa sub 15 e sub 17 en Milán. Esta competición, que será clasificatoria para os Xogos Olímpicos da Mocidade, esténdese desde hoxe ata o próximo 30 de xullo. Na selección española estarán presentes as deportistas galegas, Irene Blanco e Maria dos Anxos Hernández, que ambas disputarán na caterogía de máis de 75 quilos de peso comporal o 29 de Julio .