Unha atmosfera que o cambia todo

José Luis Mosquera

DEPORTES

05 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Co Deportivo descendido e o Celta con moi poucas posibilidades, falouse máis doutras cosas pero o que se vive nun derbi é unha atmosfera tan especial que dá igual, porque se crea unha competitividade que só os que a viviron, xa sexa como xogadores ou espectadores saben como é ese ambiente. Por iso creo que o partido vai ser competido, o clásico derbi de disputas onde os puntos si que valen aínda que non o pareza. Para motivar aos xogadores, un partido destes é o mellor.

O Deportivo vén dunha época onde aumentou o seu ritmo de puntuación pero non lle chegou. Non sei ata onde lle pode afectar o apartado mental porque veñen de pasar por un pau bastante grande, pero a nivel de ritmo e de continuidade creo que se pode ver un bo partido.

O Celta , pola súa banda, en casa é capaz de facer partidos abertos, de ida e volta, algo que tamén lle gusta ao rival porque está colocado estruturalmente para iso.