María Araújo e Lucas Vázquez, premios Deporte Galego

Pablo Gómez Cundíns
pablo gómez REDACCIÓN / LA VOZ

DEPORTES

AgenciaLOF_FEB

O Celta recibe a condecoración como mellor club galego do 2017

19 abr 2018 . Actualizado ás 09:21 h.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia publicou os galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017, que recoñecen os méritos deportivos dos galegos durante o ano pasado e que serán entregados nun acto oficial que terá lugar o luns 14 de maio no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra.

Nesta ocasión, o galardón á mellor deportista foi para a xogadora do Uni Ferrol María Pérez Araújo, mentres que a mellor deportista galega con discapacidade de 2017 foi a triatleta Susana Rodríguez Gacio.

O madridista Lucas Vázquez leva o recoñecemento ao mellor deportista do ano pasado, ao engrosar o seu palmarés coa Liga de Campións, mentres que o mellor galego con discapacidade foi o taekuondista Alejandro Vidal Álvarez. A deportista revelación foi a baloncestista Paula Ginzo.

Carlos David Prieto López (tríatlon) foi o mellor adestrador e Carlos Cortés Rey (internacional que pita en ACB), o mellor árbitro.

O Mecalia Atlético Guardés de balonmán, o Celta da Primeira División de fútbol e o Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas foron os mellores equipos. A Xunta premia o labor da promoción do deporte basee do Voleibol Emevé . O Trial das Nacións, Campionato do Mundo, foi o mellor evento. Recoñécese o patrocinio de Leite Río, o fomento da actividade física do Concello de Cangas, de CAPSA Larsa e do CEIP Barrié da Maza de Santa Comba, ademais do labor de DXT Campión.