Betmedia A Praza busca o dobrete na Galicia F7 Cup herculina

La Voz

DEPORTES

Galicia F7Cup

Varios equipos pelexan polo título na 1ª División

17 abr 2018 . Actualizado ás 17:45 h.

Con oito vitorias en oito partidos, Betmedia A Praza segue invicto na 1ª División herculina. Sácalle cinco puntos a Maped, que o segue na clasificación. O actual campión do Apertura leva unha tempada sobresaliente e está moi preto de conseguir o dobrete. Na 2ª División A herculina, Qbatas conseguiu esta semana facerse co liderado tras ter pasado a Mar Salgado, quen, iso si, conta con dous partidos máis por disputar que o seu rival. Na parte alta da 2ª División B segue habendo unha pelexa moi igualada para facerse co título. Esta semana Gurma Sport derrotou a Dinamo O Candil, un dos favoritos da liga, póndose a tan só un punto da primeira posición que ocupa Central Park. Pola súa banda, a categoría de bronce está liderada por Lle Bistró-Café, que marcha dous puntos por diante de Autoradio-Cartal.

A competición santiaguesa ten como líder a Gastro Bar o Patio, que perdeu a semana pasada por un avultado 1 a 6 fronte a Vaypercomposcar-Lupe. Segundo na clasificación atópase Toxiño FC, que aproveitará o tropezo do rival para recortar distancias e, quen sabe, facerse co primeiro posto.

Fichaxe estrela

Na sede viguesa catro equipos contan aínda con opcións ao título. Tras a súa última vitoria Telmo Perruqueiros conseguiu facerse co liderado empatado a puntos con Escola Naval de Marín, anterior inquilino do primeiro posto. Na terceira posición, tamén con 16 puntos, Atlas Bus pelexa cada xornada por conseguir un pase para a Copa Mahou Galicia F7 Cup 2018. Cuartos e a tan só un punto do primeiro, Decathlon Vigo intentará non picar nesta recta final do Torneo Clausura máis igualado das últimas edicións.

Unha das noticias máis sorprendentes desta semana foi a nova fichaxe do equipo vigués Os Patróns do Mal. Nin máis nin menos que Dimitrios Papadopoulos, o exjugador do Real Club Celta de Vigo, que volverá a calzarse as botas para xogar na Galicia F7 Cup.