A declaración de Lebron James a favor das mulleres adestradoras na NBA

EFE

DEPORTES

DAVID MAXWELL | EFE

Actualmente só hai unha muller formando parte dos equipos técnicos en toda a liga

06 abr 2018 . Actualizado ás 12:31 h.

O aleiro estrela LeBron James, dos Cavaliers de Cleveland asegurou que aceptaría «plenamente» que haxa mulleres adestradoras na NBA. «Se ela sabe o que está a facer, encantaranos. Non se trata de que sexa home ou muller, simplemente se de trata se coñeces ou non o deporte», comentou.

A realidade na NBA é que sólo hai unha muller como adestradora, Becky Hammon, que traballa de asistente con Gregg Popovich na franquía dos Spurs de San Antonio. Popovich contratou en 2014 a Hammon, unha destacada xogadora da WNBA, á que incorporou ao seu equipo técnico a tempo completo.

Precisamente, James falou sobre o asunto cando se lle preguntou acerca de Hammon, quen segundo os medios era candidata para ocupar o posto de adestradora do programa do baloncesto masculino da Universidade Estatal de Colorado antes de que elixisen a Niko Medved.

«Obviamente, vostedes saben o admirador e respectuoso que son con todo o que fai o adestrador Pop, así que el, que fichou a Becky para que sexa a súa asistenta debe dar o argumento de por que o fixo. Non se canto achega ela, non estou no día a día, pero o feito de que ela estea alí, significa moito», asegurou..

A estrela dos Cavaliers tamén lembrou que xa hai varias adestradoras nos equipos da Liga Nacional de Fútbol Americano (NFL).

«Tamén hai algunhas adestradoras na NFL. É xenial», encomiou James en alusión ao traballo que os equipos profesionais fixeron para dar entrada a mulleres nun deporte que sempre foi visto como unha exclusiva dos homes.

«Se coñeces o xogo é todo o que tes que achegar e no meu caso, encántame falar do deporte, así que non creo que sexa un problema en absoluto», agregou James.