O Barça pagou 12 millóns en impostos atrasados que Messi debía a Facenda

Segundo o diario «Der Spiegel» a través de «Football-Leaks» foi o club blaugranan o que abonou a cantidade que o astro arxentino debía ao fisco español


O arxentino Leo Messi, xogador do Barcelona, pagou no 2016, 12 millóns de euros de impostos atrasados ao fisco español, asegura a revista Der Spiegel na súa próxima edición con base en informacións da plataforma Football-Leaks. Unha revisión fiscal das contas do Barcelona, segundo a revista, puxo a Messi baixo presión xusto cando respondía os tribunais pola acusación de evasión fiscal entre o 2007 e o 2009.

O fisco español, segundo a revista, considerou que unha serie de pagamentos do Barcelona ao pai de Messi por concepto de honorarios e á fundación do xogador debían ser considerados como parte do seu soldo. No medio do proceso, polo que Messi ao cabo foi condenado, os resultados da revisión xeraron intranquilidade no Barcelona, que, sempre segundo a revista, contratou un asesor externo para que fixese unha análise de riscos.

O asesor, sinala a mesma fonte, chegou á conclusión de que a mellor solución para evitar un segundo proceso penal era o pagamento da débeda fiscal, o que Messi fixo ao cabo. No entanto, segundo os documentos de Football Leaks citados por Der Spiegel, o pagamento non se realizou con fondos propios de Messi senón con fondos do FC Barcelona.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
3 votos
Comentarios

O Barça pagou 12 millóns en impostos atrasados que Messi debía a Facenda