Aposto polo Celta

Patxi Salinas A Tres BANDAS

DEPORTES

23 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Tanto Celta como Deportivo chegan nunha situación delicada, os dous moi necesitados de puntos, o que aumenta a importancia que xa de seu ten sempre un derbi. Un está en descenso e o outro tampouco pode descoidarse, porque chegar ao parón en descenso significa que van necesitar unha moi boa segunda volta. Cando os dous estaban confeccionados pensando en obxectivos maiores. Creo que se o Celta xoga como acostuma, vaise levar o partido ante un rival que lle vai agardar e vaille a deixar ter a pelota. O dominio será case seguro visitante e agardo a un Aspas determinante. Sen el e sen Hugo, o equipo resentiuse fronte ao Villareral e penso que a versión que se verá hoxe será máis parecida á do Camp Nou. Decidirase por detalles e todo pode pasar, pero aposto polo Celta .