O mundo do deporte envórcase con Galicia ante os tráxicos incendios

La Voz

DEPORTES

Las redes sociales se vuelcan con Galicia
As redes sociais envórcanse con Galicia Twitter

Desde Fernando Alonso a Pau Gasol pasando por Vero Boquete, Marc Márquez, Iker Casillas ou Julen Lopetegui expresaron o seu pesar e ánimo a Galicia nas redes sociais, ante os sucesos ocorridos

16 oct 2017 . Actualizado ás 18:39 h.

Os principais deportistas e clubs españois non dubidaron en mostrar o máximo apoio e mostras de dor ante os tráxicos incendios que están arrasando a xeografía galega nos últimos días.

Aproveitando moitos deles a súa imaxe e peso a nivel mundial, deportistas de diversos deportes e disciplinas así como clubs e entidades quixeron acordarse de Galicia nestes momentos tan complicados. Sin duda un dos máis sentidos foi o dos dous grandes clubs galegos, tanto o Celta como o Deportivo. O club herculino mostraba a súa solidariedade en Vigo a pasada noite tras as terribles imaxes da cidade olívica cercada polas chamas. O propio Celta  mostraba un comunicado no que «lamenta, repudia e condena» os incendios que provocan «un dano irreparable na nosa terra».

Outras importantes deportistas galegos como Iago Aspas, Lucas Pérez, Vero Boquete ou Óscar Pereiro mostraban a súa frustración e palabras de alento a través das redes sociais. A xogadora do PSG incluso facía onte á noite un desesperado chamamento á choiva para axudar a acougar a delicada situación, mentres o xogador do Celta recuperaba o «Nunca Máis», ante unha situación tan dramática. 

Mesmo, o Coruxo, equipo galego de Segunda B, foi unha das entidades máis afectadas polos devastadores incendios, os cales arrasaron parte da cidade deportiva do club e cercaron o estadio do Val durante todo o día de onte. Mesmo, a entidade chegou a ofrecer as instalacións do seu estadio para acoller á xente que necesitasen aloxamento.

Pero o regueiro de mensaxes de ánimo e apoio chegou de toda España e todo o mundo. Fernando Alonso publicaba un sentido chío no que pedía «leis máis duras» contra os causamtes dos incendios, mentres que o actual campión do mundo de MotoGP Marc Márquez, cualificaba aos culpables de «terroristas ambientais». Pola súa banda, Pau Gasol, mandaba «solidariedade e moita forza» ante a delicada situación.

No mundo do fútbol xogadores do Barça e do Madrid tamén se sumaban aos apoios como o caso de Sergio Ramos, Iker Casillas, Carles Puyol ou Álvaro Morata. E clubs como o Betis, Sevilla, Espanyol, FC Barcelona ou Xirona quixeron acompañar a Galicia, Asturias e Portugal nestes momentos: