Alexis Viéitez, logra o Galego de Montaña na Estrada

P. G. A Estrada / LA VOZ A Coruña / LA VOZ

DEPORTES

rober amado

A xornada viuse deslucida pola vertedura intencionada de aceite nun tramo do trazado

09 oct 2017 . Actualizado ás 12:35 h.

Jacobo Sobral impúxose onte na Subida á Estrada, por diante dun Alexis Viéitez que se proclamou campión galego de Montaña na proba, revalidando o título: «Levabamos todo o ano loitando, e amolounos moito ter roto o motor na Escusa, onde podiamos ter sido campións e na carreira que organiza a nosa escuadra». Coidando o novo motor, Viéitez fixo unha fin# de semana de menos a máis, e onte asinou os dous mellores cronos nas mangas oficiais. Sergio Varela, Jesús Pombo ?que chegaba con posibilidades de ser campión galego? e José Carlos Lorenzo foron seguintes na táboa. En carrozados, o triunfo correspondeu a Manuel Senra e o seu Peugeot 306 Maxi, que non deu opción ao estradense Javier Martínez Carracedo, a bordo do seu Renault 5 GT Turbo, escoltados por Miguel Ángel García Fernández, Adrián Rozados Louzao e Luis Miguel Vidal Pazos.

Esta segunda xornada da vixésimo segunda Subida á Estrada viuse deslucida pola vertedura intencionada de decenas de litros de aceite nun ancho regueiro interminable sobre 1,8 quilómetros da calzada onde se disputaba a proba. Para poder celebrar as mangas dominicais, recortouse ese tramo dos 5,35 quilómetros que conformaban o percorrido, e acordouse cos participantes tomar o mellor tempo do sábado e de onte.