O conselleiro de Cultura anuncia que a inversión para o Museo do Pobo Galego no 2026 superará o medio millón de euros
CULTURA
José López Campos pronunciouse este venres en Lugo sobre a inesperada dimisión de Lois Ladra, tan só un ano despois de asumir o cargo
07 nov 2025 . Actualizado a las 18:06 h.O Museo do Pobo Galego busca novo director, xa que quen o era ata agora, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra, renunciou este xoves ao cargo ante a «imposibilidade de implementar o programa de actuación» no organismo no que estaba ao frente desde hai un ano. «As ideas estaban bastante claras, pero sen recursos económicos e sen persoal non é posible desenvolvelas», lamentou o exresponsable do museo na súa retirada.
Este venres en Lugo, a preguntas dos medios, pronunciouse ao respecto o conselleiro de Cultura, José López Campos, que defendeu que a Xunta «é a máxima achegadora do museo e foi cumprindo e participando de forma activa». Campos admitiu que era conocedor da situación do museo porque a Xunta é parte do padroado e definiu como «enorme» o traballo que nel se leva a cabo.
A isto engadiu que o Museo do Pobo Galego «é unha institución relevante a referente a nivel galego e ten as súas particularidades de funcionamento», presentándolo como «un barco moi grande no que a veces é dificil encaixar na súa planificación».
Concretou que solicitouse á Xunta no 2024 un incremento da achega e aclarou que pasouse de 450.000 euros de inversión a 500.000. Paralelamente, avanzou que para o 2026 contémplase unha inversión algo superior a medio millón de euros «que pedían para maior desafogo económico do museo».
Campos deixou claro que desde a consellería de Cultura «somos firmes defensores dun elemento tan importante da parte histórica e antropolóxica de Galicia», á vez que mostrou o seu apoio público ao xa exdirector, a quen desexou moitos éxitos futuros na súa carreira profesional. Mentres, finalizou a súa intervención co desexo de «acertar na toma de decisión para elixir ao novo director».
Pola súa parte, a presidenta do padroado do propio museo, Concha Losada, asegurou que a dimisión foi resolta de «mutuo acordo» e produciuse «sen máis incidencias». «É unha cuestión acordada en función dos mellores intereses para a entidade», incidiu Losada.