TVG 2 emitirá «A amnesia de Clío» o sábado 16

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

«A amnesia de Clío»
«A amnesia de Clío» XAIME CORTIZO

Será a estrea televisiva da ópera composta por Fernando Buide e interpretada pola Filharmonía, con montaxe de Voadora

15 may 2020 . Actualizado ás 21:28 h.

Televisión de Galicia estreará na súa segunda canle o sábado 16 a ópera A amnesia de Clío. A hora prevista de emisión é as 22.45 horas. O domingo poderá verse ao redor da medianoite na primeira canle da TVG.

Trátase dunha composición do autor galego Fernando Buide, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel. A montaxe escénica correu a cargo da compaña Voadora, con dirección de Marta Pazos. Tras a súa estrea en Santiago en novembro e o seu paso pola Coruña e Ourense (neste último caso, en versión concerto), os espectadores poderán vela agora en televisión. No elenco figuran as voces de Raquel Lojendio, Sebastià Peris e Marina Pardo e complétao o Orfeón Terra A Nosa. 

A ópera aborda a entrada da muller nos mundos da arte e da alta política.