Só cousas boas

Eduardo Galán Blanco

CULTURA

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Gústanos moito aquela frase de Jean Cocteau que dicía algo así como que o cine é un templo, cos seus deuses, sacerdotes, gardiáns e vítimas sacrificadas. E, cando chega a hora das festas e os premios, nós, vellos cinéfilos sentimentais, non podemos evitar pensar nas vítimas, nos que van perder ou nos que non van gañar, se se prefire ser correcto. Pero este ano pareceranos ben gañe o que gañe, aínda que pareza cantada a vitoria de Almodóvar en moitas frontes. E é que chegaron á quiniela final só cousas boas; poucas veces houbo tanta calidade e variedade: témolas de autor consagrado, hai superproducións históricas, hainas necesarias e tamén para pequenas salas alternativas. Todas manteñen un fío co pasado, aínda que parezan novas. Por exemplo, vendo A trincheira infinita lembramos O home oculto de Alfonso Ungría. E as outras nos evocaron a Werner Herzog, a Jean Renoir ou a John Ford. En fin, que o cine é un eterno fío -de Ariadna- continuo.